Dúbidas e preguntas frecuentes

6 Maio, 2016


O día da proba, os corredores deben presentarse no Centro Cultural Municipal do Porriño, para a recollida de dorsais e material deportivo (camiseta do evento, gorro de natación… ), entre as 13:30 h. e as 15:15 h.
A continuación deben dirixirse a Tui, ben polos seus medios, a maioría faio en grupos e en bicicleta, ou ben no autobús da organización que sae ás 15:15 h das inmedicións do Centro Cultural Municipal do Porriño (as prazas do autobús, adxudícanse por rigorosa orde de chegada). Á transición de Tui debe levarse unicamente a roupa de ciclismo e o neopreno para a auga, unha vez acabada a proba de natación, será depositado o material na cesta habilitada para tal fin, traído a O Porriño pola organización co dorsal de cada corredor e posto a disposición para a recollida no Centro Cultural Municipal do Porriño, unha vez finalizada a proba.

ERROS SANCIONABLES COMETIDOS A MIÚDO POLOS DEPORTISTAS


IMPRESCINDIBLE DNI OU LICENZA CON FOTO. (ART. 2.2)

O deportista acudirá identificado á área de transición, para pasar o control de material. (Documento oficial). Non se permitirá a participación de ningún participante que non estea no listado facilitado pola organización e previamente visado pola Fegatri.


CASCO PECHADO SEMPRE QUE HAXA CONTACTO COA BICICLETA. (ART 5.2)

O casco debe ir posto e pechado en todo momento no que se ten contacto coa bicicleta. Cando pasamos o control de material. Nos quecementos. En todo o sector ciclista. Na área de transición. Antes de coller a bicicleta do soporte. Ata o momento en que se deposita a bicicleta no soporte, unha vez deixamos a bicicleta no soporte xa se pode abrir e sacar.

O DORSAL NON PODE IR Á AUGA E LEVARASE ATA A META. (ART 2.7)

Está prohibido levar o dorsal á auga, nin cando se use neopreno. O dorsal quedará na transición e poñerase para ir ao ciclismo. O dorsal será claramente visible, en todo momento, no resto de sectores e na entrada á meta.

CIRCULACIÓN CORRECTA NA TRANSICIÓN. (ART 7)

Débese acceder polo pasillo correcto e respectar o senso de circulación. Prohibido pasar por baixo ou por riba das barras ou soportes das bicicletas.

PROHIBIDO AGARRARSE ÁS ÁRBORES, VALOS OU MATERIAL URBANO PARA IMPULSARSE NOS XIROS. (ART 6.1)

O deportista non pode agarrarse nos xiros ou curvas aos valos, árbores, farolas ou calquera outro material.

OLLO Á BICICLETA. (ART. 5.2)

O guiador: Curva tradicional para competición de estrada. Extremos taponados. O acople: En competicións onde se pode ir a roda, “drafting” permitido, non superará o extremo da maneta de freo. A roda: Non menos de 12 radios. Radios de menos de 10 mm.

RESPONSABILIDADE XERAL DO ATLETA. (2.2)

Obriga de coñecer o circuíto e o regulamento. Responsabilidade de completar o circuíto.

AXUDAS EXTERNAS. (2.3)

Non se permite ningún tipo de axuda, agás o avituallamento entre triatletas. Os adestradores deben dar as indicacións quietos dende fóra do circuíto. Non se pode abandoar o material entregándoo aos adestradores ou expectadores.

ALGUNHAS DAS SANCIÓNS MÁIS COMÚNS NAS DIFERENTES ÁREAS


SANCIÓNS NAS TRANSICIÓNS external-link-297789_960_720


SANCIÓNS NA SAIDA E NATACIÓN external-link-297789_960_720


SANCIÓNS NO CICLISMO external-link-297789_960_720


SANCIÓNS NA CARREIRA A PÉ external-link-297789_960_720


SANCIÓNS COMÚNS external-link-297789_960_720