Inscricións

 

PRAZO DE INSCRIPCIÓN

Do 14 de maio de 2026 ás 10:00 h, ao 9 de xuño de 2026 ás 23:59 h. Máximo de 350 participantes


CATEGORÍAS

Proba Popular – Absoluta
Proba de Circuíto – Xuvenil, Junior, Sub23, Absoluta, Veteranos 1, 2, 3


ACCESO DIRECTO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN


BTN-FEGATRI


FORMA DE INSCRICIÓN

A inscrición realizarase on-line, a través da web da FEGATRI Federación Galega de Tríatlon. Todas serán aboadas por TPV.


BAIXAS E POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS

As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo non se fan devolucións.

As devolucións de baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas a semana seguinte á celebración da proba.

No caso de inscricións incompletas (falta de documentación) rematado o prazo de inscrición. Estas serán anuladas e non se farán devolucións.


PUBLICACIÓN DE LISTAS DE PERSOAS INSCRITAS E LISTA DE AGARDA

Publicación da lista provisional: o xoves anterior á proba publicarase a lista provisional de inscritos (esta admite reclamacións cando na listaxe se da algún erro debido ao manexo dos datos na Federación, por exemplo, baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas no listado).

É moi importante revisar este listado para ter opción a reclamar se hai algún erro no mesmo. Publicación lista definitiva: o venres anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme e xa non admite cambios).


LISTA DE AGARDA

Esgotadas as prazas abrirase unha lista de espera. A lista de espera xestionarase diariamente, por orde de inscrición, segundo as vacantes que se vaian producindo e ata o remate do prazo de inscrición.

Comunicarase ao/á participante correspondente, da lista de espera, por correo electrónico a vacante, dándolle prazo para formalizar a inscrición ata as 14:00 h. do mesmo día. A última incorporación farase o 10 de xuño ás 14:00 h.


NORMAS DE COMPETICIÓN

A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e Española de Tríatlon. Ver Regulamentos


CARTEL-2026-web