TRÍATLON PARA CATIVOS
PARTICIPANTES
Nenos e nenas de 4 a 10 anos de idade, acompañados obrigatoriamente por un adulto.
REQUISITOS
Nadar 25 metros ininterrumpidamente (poderase solicitar material de flotación en caso necesario) e saber andar en bicicleta.
Nº DE PARTICIPANTES E PRAZO DE INSCRIÓN
45 rapaces/as que irán acompañados en todo momento por un adulto responsable, que debe participar acompañando nas tres modalidades. O prazo remata o 5 de xuño ou cando se complete o aforo e para inscribirse deben facelo na piscina municipal.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Na Piscina Municipal do Porriño presencialmente, no teléfono: 986 344 420, ou no correo electrónico: info@piscinamunicipaldoporrino.com
As prazas son limitadas e deberán ter confirmación da dispoñibilidade
DISTANCIAS QUE HAI QUE PERCORRER
• Nadar 25 metros na piscina.
• Recorrer 700 metros en bicicleta.
• Correr 300 metros a pé.
MATERIAL NECESARIO
Gorro, bañador, chanclas (a poder ser que non resbalen), casco e bici.
DESENVOLVEMENTO DA PROBA
• 11:00 h. Reunión no aparcadoiro da Piscina Municipal onde se informará do desenvolvemento da proba.
• 11:35 h. Entrada en vestiarios.
• 11:45 h. Saída da primeira serie de natación. Os nenos saen desde dentro da auga, os adultos desde sentados no borde inmediatamente despois dos nenos.
• Non hai toma de tempos, a proba é participativa, non hai competición. En ningunha das tres probas o adulto poderá ir diante do neno ao que acompañe.
• Unha vez que cada parella chegue ao final da piscina, sae e vai ao vestiario para poñerse a roupa coa que fará o resto do tríatlon.
• A proba de bicicleta non dará comezo ata que todos os participantes estean fora para comezar. Os cambios en vestiario faranse con rapidez, pero ESTÁ PROHIBIDO CORRER EN TODA A INSTALACIÓN.
• Ao chegar á Igrexa, deixaranse as bicis nos boxes habilitados para iso. Cando todos os participantes estean listos, darase saída á carreira, que finalizará no Concello.