CONSULTA TODOS OS DETALLES DO PERCORRIDO
- Saída, transición 1: Comandancia Naval do Miño
- Transición 2: Avenida Domingo Bueno, Porriño
- Meta: Praza Arquitecto Antonio Palacios, Porriño
- Recollida de dorsais: Centro Cultural Municipal do Porriño, ao carón da Transición (T1) en Porriño, o día da proba de 14:00 h. a 15:45 h.
- Reunión técnica: Publicada online o xoves previo á proba, na páxina da proba no calendario da FEGATRI.
- Control de material:
T1 (Tui) > De 15:45 ás 16:45 h.
T2 (Porriño) > De 15:00 ás 16:00 h.
RUTÓMETRO
O primeiro sector consistirá en 0,750 km de natación nun circuito sinalizado no Miño nas inmediacións do porto deportivo de Tui. Os primeiros triatletas completarán este primeiro sector en aproximadamente 10 minutos; os últimos empregarán aproximadamente 20 minutos.
O segundo sector, de 20,2 km de carreira en bicicleta, comezará ás 16:41 h será un percorrido en liña cara Porriño saíndo da área de transición cara a rúa Antero Rubin, continuando pola rúa Canónigo Valiño, xiro á dereita cara a rúa San Bartolomé, seguindo pola rúa Arrayal, xiro á esquerda cara a rúa Loureiro, xiro á dereita cara o Camiño Barros, xiro á dereita pola N-550 (150m), ata o xiro á esquerda pola PO-342 continuando por esta estrada ata o polígono de Torneiros, xiro á dereita pola rúa B, xiro á esquerda polo vial III, xiro á dereita polo polígono sur (PPI 2) saíndo pola estrada PO-2401 xiro á dereita polo vial de acceso á N-550, xiro á esquerda pola N-550 (Avenida Domingo Bueno) onde estará situada o área de transición.
O terceiro sector de 5 km de carreira a pé, será de dúas voltas a un percorrido urbano saíndo pola avenida de Galicia (N-550), rúa Ramiranes, rúa Peña, rúa Cando, rúa Leandro Diz, rúa Manuel Rodríguez, rúa San Sebastián, rúa Manuel Rodríguez, rúa Ramón González, rúa Antonio Palacios e Avenida de Galicia, na segunda volta entrarán á meta situada na rúa Antonio Palacios diante do Concello.
ZONA DE INTERCAMBIO. TRANSICIÓN TUI
COMANDANCIA DA MARIÑA DE TUI
ZONA DE INTERCAMBIO. TRANSICIÓN PORRIÑO
AVENIDA DOMINGO BUENO