DATAS E HORARIOS DAS CARREIRAS
Sábado 16 de xullo de 2022, ás 16:30 h
No caso de superar os 300 participantes haberá dúas saídas, unha para triatletas federados e outra para non federados 5 minutos despois. A hora de remate da proba será sobre as 19:00 horas.
16:30 h saída masculina
16:40 h saída feminina
DISTANCIAS
Sprint: 0,750 km. de natación (1 volta) – 20,2 km. en bicicleta (1 volta)– 5 km. de carreira a pé (2 voltas).
INSCRICIÓNS
Dende o 16 de xuño ás 10:00 h, ao 12 de xullo ás 23:59 h. Máximo 350 participantes.
FORMA DE INSCRICIÓN
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, e introduciranse os datos. A cota de inscrición de federados será de 13€.
AUTOBÚS
Os participantes deben dirixirse a Tui polos seus medios, a maioría faio en grupos e en bicicleta, ou ben no autobús da organización que sae ás 15:15 h das inmedicións do Centro Cultural Municipal do Porriño (as prazas do autobús adxudícanse por rigorosa orde de chegada).
SAÍDA, TRANSICIÓN 1
Porto deportivo de Tui.
TRANSICIÓN 2
Avenida Domingo Bueno, Porriño.
META
Praza Antonio Palacios, Porriño.
RECOLLIDA DE DORSAIS E XESTIÓN DO MATERIAL DEPORTIVO
O día da proba, os corredores deben presentarse no Centro Cultural Municipal do Porriño, para a recollida de dorsais e material deportivo (camiseta do evento, gorro de natación… ), entre as 14:00 h e as 15:45 h.
A continuación deben dirixirse a Tui, ben polos seus medios, a maioría faio en grupos e en bicicleta, ou ben no autobús da organización que sae ás 15:15 h. das inmedicións do Centro Cultural Municipal do Porriño (as prazas do autobús, adxudícanse por rigorosa orde de chegada). Á transición de Tui debe levarse unicamente a roupa de ciclismo e o neopreno para a auga, unha vez acabada a proba de natación, será depositado o material na cesta habilitada para tal fin, traído a O Porriño pola organización co dorsal de cada corredor e posto a disposición para a recollida no Centro Cultural Municipal do Porriño, unha vez finalizada a proba.
REUNIÓN TÉCNICA
Publicada online o xoves previo á proba, 7 de xullo na páxina da proba no calendario da FEGATRI.
CONTROL DE MATERIAL
T1 (Tui): De 15:15 h a 16:15 h.
T2 (Porriño): De 14:30 h a 15:30 h.
CATEGORÍAS
Xuvenil, Junior, Absoluta e Veteranos.
CRONOMETRAXE CON CHIP AMARELO EN PROPIEDAD OU ALUGUER
Haberá cronometraxe championchip. Será obrigatorio o uso do chip amarelo Championchip. Os/as participantes que non teñan en propiedade o chip amarelo deberán indicalo no correspondente apartado da inscrición e aboarán unha fianza de 25€ a través da TPV. O/a deportista poderá quedarse co chip en propiedade, se así o desexa, ou ben seranlle devoltos 23€ (-2€ de aluguer), comprobada a devolución do mesmo, na semana seguinte á celebración da proba na mesma tarxeta. A devolución do chip sen a tobillera leva consigo unha penalización de 3€ , co cal soamente lle serán devoltos ao/á deportista 20€ . Non se disporá de chips de aluguer o día da proba.
TROFEOS
-Trofeos para os tres primeiros de cada categoría.
-Trofeo para o primeiro e primeira corredores locáis.
-Todos os que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo da proba.
Art.8.6 Regulamento de Competición FEGATRI.- Aquel deportista ou club que non estea presente na chamada ao podio será sancionado con 25 e 50 euros respectivamente e non poderá participar nas seguintes probas ata o seu abono”- Excepción Covid de non poder atender á entrega deberá comunicalo a XA ou DT para non ser penalizado.
NORMAS DE COMPETICIÓN
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e Española de Tríatlon.
NORMAS XERAIS PROTOCOLO FISICOVID-DXT
Segundo se recolle no protocolo preventivo FICICOVID-DXT da FEGATRI certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte vixente no momento da celebración da proba, é obrigatorio:
- Manter a distancia interpersoal de 1.5 m
- Uso de máscara recomendado en interiores
- Evitar lugares concorridos, aglomeracións de persoas
- Non acudir á proba en caso de presentar síntomas compatibles coa COVID-19, febre ou contacto estreito recente con positivos.
- En caso de detección, ou auto detección, de sospeita de COVID -19 no entorno da proba, seguiranse as directrices establecidas polas autoridades sanitarias vixentes no momento da celebración da proba