Inscricións

6 Maio, 2016

 

PRAZO DE INSCRIPCIÓN

Do 15 de maio ás 10:00 h, ao 10 de xuño ás 23:59 h. Máximo de 350 participantes


CATEGORÍAS

Proba Popular – Absoluta
Proba de Circuíto – Xuvenil, Junior, Sub23, Absoluta, Veteranos 1, 2, 3


ACCESO DIRECTO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN


BTN-FEGATRI


FORMA DE INSCRICIÓN

A inscrición realizarase on-line, a través da web da FEGATRI Federación Galega de Tríatlon. Todas serán aboadas por TPV.


FEDERADOS CON LICENZA DE ÁMBITO ESTATAL
Prezo: 15 €

  • Clubs: Picarase na ligazón INSCRÍBETE, e introducirase o código do club e contrasinal.
  • Deportistas individuais: Deberán introducir o seu número de licenza e a data de nacemento.

LICENCIAS DE 1 DÍA
Prezo xeral: 35 € / Prezo xuvenís: 21 €

Picarase na ligazón INSCRÍBETE e introduciranse os datos.

O Pagamento realizarase a través de TPV con tarxeta bancaria.

  • Xeral: custe licenza de 1 día de 20 € + 15 € Inscrición: Total ingreso 35 €.
  • Xuvenís: custe licenza de 1 día de 6 € + 15 € Inscrición: Total ingreso 21 €

Para que a inscrición sexa válida, imprescindible enviar a copia do DNI en vigor á Federación (fegatri@hotmail.com) a través da plataforma de inscricións.


DEPORTISTAS DOUTRAS COMUNIDADES

Deportistas doutras comunidades, sen dereitos de circuíto abonados que queiran ir á saída de circuíto deberán solicitar invitación, enviando o seguinte formulario a fegatri@hotmail.com: [descarga o formulario].

Unha vez pechado o prazo de inscrición comunicaráselles se se conceden ou se lles dará opción de participar na saída popular.


BAIXAS E POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS

As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo non se fan devolucións.

As devolucións de baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas a semana seguinte á celebración da proba.

No caso de inscricións incompletas (falta de documentación) rematado o prazo de inscrición. Estas serán anuladas e non se farán devolucións.


CRONOMETRAXE CON CHIP AMARELO EN PROPIEDAD OU ALUGUER

Haberá cronometraxe championchip. Será obrigatorio o uso do chip amarelo Championchip, os/as participantes que teñan en propiedade o chip amarelo deberán indicalo no correspondente apartado da inscrición, poñendo o número de chip de posuílo.

Os chips son intransferibles. Non se pode correr co doutra persoa.

No caso de non ter chip ou telo extraviado, deberán acceder á seguinte ligazón de Champion Chip para poder recibilo o día da proba, mercándoo ou alugándoo para o que depositarán unha fianza

https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2470/gestion-de-chips-pruebas-fegatri

As opcións que recollerá a ligazón de cara á súa obtención serán as seguintes:

  • Aluguer de chip e tobillera – Aboaranse 10 € , coa devolución do chip e tobillera devolveránse 8 €
  • Merca do chip amarelo – 15 €
  • Merca de chip e tobillera – 20 €

Haberá chips de aluguer para incidencias na proba a un custe de 10 €. Devolveranse 5 € coa devolución do mesmo.


PUBLICACIÓN DE LISTAS DE PERSOAS INSCRITAS E LISTA DE AGARDA

Publicación lista provisional: o xoves anterior á proba publicarase a lista provisional de inscritos (esta admite reclamacións cando na listaxe se da algún erro debido ao manexo dos datos na Federación, por exemplo, baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas no listado, …).

É moi importante revisar este listado para ter opción a reclamar se hai algún erro no mesmo. Publicación lista definitiva: o venres anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme e xa non admite cambios).


LISTA DE AGARDA

Esgotadas as prazas abrirase unha lista de espera. A lista de espera xestionarase diariamente, por orde de inscrición, segundo as vacantes que se vaian producindo e ata o remate do prazo de inscrición. Comunicarase ao/á participante correspondente, da lista de espera, por correo electrónico a vacante, dándolle prazo para formalizar a inscrición ata as 14:00 h do mesmo día. A última incorporación farase o mércores previo á proba ás 14:00 h


TROFEOS

  • Trofeos para os tres primeiros de cada categoría e xénero.
  • Trofeo para deportista masculino e feminna co mellor tempo corredores empadroado en Porriño.
  • Todos os que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo da proba.

Art.8.6 Regulamento de Competición FEGATRI.- Aquel deportista ou club que non estea presente na chamada ao podio será sancionado con 25 e 50 euros respectivamente e non poderá participar nas seguintes probas ata o seu abono.


PREMIOS ECONÓMICOS PATROCINADOS

  • 1º/1ª Deportista masculino e feminina 150 €
  • 2º/2ª Deportista masculino e feminina 100 €
  • 3º/3ª Deportista masculino e feminina 50 €
  • 1º Club masculino e feminino 200 €

Aplicaraselles a correspondente retención de IRPF


NORMAS DE COMPETICIÓN

A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e Española de Tríatlon. Ver Regulamentos


CARTEL-2025-web